Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Becerreá
Parroquia: Quintá de Cancelada (Santa Eulalia)
Lugar: Tucende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Imos de sorpresa en sorpresa. A mediados do mes de xaneiro de 2019 dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares dabamos a coñecer un novo castro en Becerreá, asentamento que a pesares de ser coñecido polos veciños e figurar nalgunha cartografía (O Pico do Castro) non estaba catalogado.
Pois ben, agora (4 de febreiro) vimos de documentar un novo castro na aldea de Tucende, na parroquia de Quintá de Cancelada, tamén do concello de Becerreá. Sorprendeunos que non figurara no catálogo da Xunta de Galicia porque se trata dun asentamento de manual, é coñecido polos veciños e tamén figura nalgunha cartografía. Situado nun outeiro que se eleva a 735 metros de altitude, é de forma ovalada, cunhas medidas aproximadas de 145 por 80 metros. A muralla principal e os pronunciadísmos terrapléns que o delimitaban en todo o seu perímetro, a pesar de que o sitio foi utilizado secularmente para labores agrícolas e logo forestais, obsérvase perfectamente, ademais dunha dobre muralla que ocupaba toda a parte sur-leste. Polo norte apréciase un foxo bastante alterado por unha pequena plantación de eucaliptos realizada non hai moito. O terraplén da muralla principal, feito de terra e pedras, acada polo exterior un desnivel duns 6-7 metros. Este castro ten a particularidade de que é o único con dobre muralla do concello de Becerreá.
Como se pode apreciar na imaxe do relevo capturado do visor do Plan Básico Autonómico da Xunta de Galicia, en Tucende só aparece no inventario de Patrimonio a capela de San Pedro (delimitada cun círculo de liñas discontinuas). Xusto por riba apréciase o clarísimo asentamento castrexo.
Nas remocións de terra que se fixeron para a plantación dos eucaliptos localizamos abundante escoura de ferro en superficie.
O seu estado de conservanción sorprendeunos, é bastante bo. Dende o castro, a vista das montañas da Serra dos Ancares é espectacular.
Con este de Tucende, son 31 os castros localizados no concello de Becerreá. O de Tucende é o cuarto de maiores dimensións do municipio.
O achado xa llo comunicamos a Patrimonio para que procedan á súa catalogación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Colectivo Patrimonio dos Ancares: http://arqueoancares.blogspot.com/2011/01/outro-castro-en-becerrea.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9574169688
Lonxitude: -7.08902450861
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84