Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Xironda (San Salvador)
Lugar: Xironda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa cun túmulo duns doce metros de diámetro e un metro e medio de altura, aproximadamente. A chaira onde está faina especialmente visible, practicamente á mesma altitude que a mámoa de Grou, a un kilómetro e medio.
Todo o lugar está inzado de petróglifos e supoñemos que toda a zona tivo que ter unha gran importancia no pasado prehistórico, dada a densidade de achados.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/AD/fichas_eltos_catalogados/Fichas_Patrimonio_32028_31119.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Mámoa parcialmente destruída polas obras de repoboación de 2014, ano no que, con maquinaria pesada e facendo os buratos para os prantóns dos piñeiros alí repoboados, varios deses buratos foron feitos no propio túmulo, destrozándoo por partes. O maior dano que fixeron foi remover un dos esteos e, literalmente, sacalo ao aire, deixándoo encima do alto do túmulo. Este túmulo xa estaba citado na Guía arqueolóxica do Alto Támega.
Onde está localizado
Latitude: 41.8990057434Lonxitude: -7.67249554133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84