Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Xironda
Lugar: Xironda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A mámoas ten uns 12 m. de diámetro,aproximadamente, e no punto máis profunda da media ladeira, uns dous metros de altura, e un metro e pouco na parte alta. Dende aquí pódense ver catro mámoas da contorna. A coiraza apréciase perfectamente e pódese ver a moita distancia, pois ademais sitúase nunha pequena plataforma da media ladeira do monte Larouco, no canto das chairas do seu pé.
A pesar das agresións sufridas por esta espectacular mámoa, debidas primeiro á repoboación indiscriminada (ten nada menos que 23 piñeiros pequenos prantados encima do túmulo) e despois á recollida de madeira queimada con maquinaria pesada (cadeas), aínda se pode dicir que é a mellor conservada de todo o contorno.
Un dos buratos que intentaron facer para prantar un piñeiro deu xusto na cámara megalítica, co que case se pode ver perfectamente, posto que ao ser todo pedra non puideron prantar nada nese punto.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Vaise facer unha repoboación pronto, e posiblemente lle pasen por riba con maquinaria pesada.
Onde está localizado
Latitude: 41.9082631989Lonxitude: -7.66678881581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84