Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Xironda (San Salvador)
Lugar: Pedrosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Trátase de esteos descontextualizados, un aínda fincado, e o outro tirado no chan, no medio dunha semichaira pegada ás faldras do monte Larouco e rodeados de repoboacións feitas no 2016. Non se ve absolutamente ningún resto de calquera posible túmulo, posiblemente debido a que o lugar era traballado non hai moito para sementar centeo ou outros cereais, e o paso do tempo igualou o terreo. En calquera caso insértase nun lugar coas mesmas características nas que se sitúan moitas mámoas da comarca.
O máis destacable e interesante é que o esteo que está tirado no chan ten marcadas, moi claramente, tres coviñas, e segundo un veciño da aldea de A Pedrosa, posiblemente teña máis gravados na cara que ten contra o chan. Moi cerquiña de aquí, a non máis de 50 metros, hai un petróglifo con varias coviñas, e na zona fálase de que noutros lugares cercanos había antiguamente outras pedras semellantes, fincadas e con coviñas. Moi preto de aquí, ademais, está o xacemento do Outeiro do Muíño, onde Colmenero estudou varias cistas (sepulturas megalíticas, feitas en laxas, máis pequenas que os dolmens) e onde se atopou o conxunto de vasiños cerámicos depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9283733527Lonxitude: -7.65146530163
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84