Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: A Saceda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta é unha das mámoas máis impresionantes de toda a comarca. Ten un perímetro dun 50 metros, e sitúase nunha chaira terminal rodeada de humedais e brañas, por un lado, e de campos de laboura abandonado polo outro. Escenicamente chama moitísimo a atención, posto que aínda ten unha altura considerable, de case dous metros, e aínda que non é tan visible a coiraza pétrea, en primavera pódese comprobar que a vexetación que a cobre é de diferente cor e especies que os terreos circundantes, por causa, precisamente, da diferente composición da mámoa respecto a eses terreos. Diferéncianse moi ben tres esteos, pero falta a lousa superior que tapaba esa cámara. Como di Colmenero, no túmulo aparecen de cando en cando unhas lousas pequenas que sobresaen da terra de maneira simétrica, dándolle cohesión ao conxunto.

É unha mámoa claramente espoliada, pois vese o oco da cámara megalítica e varios esteos que a conforman, aínda que hoxe os cazadores úsana de cubo de lixo, desgraciadamente


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32028021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Dentro da tradición oral, o Madorriño está orientado en liña recta dende a Igrexiña dos Mouros, o Castro da Saceda e o de San Millao, e din os vellos que cando os da Igrexiña se querían comunicar cos habitantes dos outros castros, golpeaban cun martelo a un ferro, pasándo así a información á Saceda, que facían o mesmo co Madorriño e dende aquí con San Millao.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha Do Visor PBA (Plan básico Autonómico. Xunta de Galicia)
en Selección de Capas – Afeccións – Patrimonio
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/AD/fichas_eltos_catalogados/Fichas_Patrimonio_32028_31184.pdf
No PXOM de Cualedro 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA031.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Mámoa claramente espoliada, pois vese o oco da cámara megalítica e varios esteos que a conforman, aínda que hoxe os cazadores úsana de cubo de lixo, desgraciadamente


Onde está localizado

Latitude: 41.9284073473
Lonxitude: -7.61218266218
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84