Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monterrei
Parroquia: Madanela (Santa María)
Lugar: Madanela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O dolmen ten unha altura de 1,25 m. de longo e uns dous metros e 1,8 de anchura, con cinco laxas formando a cámara polos laterais, excepto por un, e unha lousa que fai de tampa, que polo movemento dunha das laxas está desequilibrada. Está relativamente cerca da mámoa do Madorriño, aínda que o estilo de construción difire, co que entendemos que debe ser dunha etapa diferente do megalitismo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Non coñecemos tradición oral asociada co dolmen pero, sen embargo, o monte que lle dá nome, e que a separa da chaira da Cidade da Saceda, si que ten un nome moi suxerente e está chea de tradición oral, e rodeada de moitos petróglifos. En definitiva, unha zona riquísima en restos arqueolóxicos que ben merece unha mirada máis fixa por parte da investigación académica.


Historia recente do ben:

Este dolmen atopámolo José Luís Lozano Rúa e máis eu despois dos grandes incendios do ano 2013, aínda que non se deu a coñecer ata uns anos máis tarde.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9224513475
Lonxitude: -7.60872923372
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84