Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: Lucenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa duns dez metros de diámetro e que non chega ao metro de altura, pero destaca, sobre todo, por que a coiraza pétrea vese perfectamente, aínda que boa parte da pedra da coiraza xa está esparexida nos arredores por causa das labouras de repoboación con maquinaria pesada que son demasiado habituais por esta zona. Debido a erosión das últimas catro décadas, ou debido a esas labouras, un dos esteos da posible cámara megalítica vese perfectamente no lado do nacente, co que se vislumbra parte do que sería a súa estrutura.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA32028008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Mámoa estudada por Colmenero no artigo sobre o megalitismo do Búbal, aínda que non aporta moito sobre ela. Non está moi lonxe da mámoa da Rigueira co que podemos dicir que, coa mámoa das Chairas, conforma un grupo megalítico co que debe estar relacionado. Ademais de que delata a posibilidade de que haxa máis sepulturas deste tipo nos arredores, aínda que a día de hoxe non estean identificados.
Referencias bibliográficas:
Galicia Meridional Romana
Antonio Rodríguez, Colmenero. Cultura Megalítica en el Alto Búbal.
PXOM de Cualedro ano 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA018.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.952885905Lonxitude: -7.60023523394
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84