Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: Lucenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A terceira mámoa da mesma zona desta serra que estudou Colmenero, da que tampouco aporta moito máis que unha descrición somera. Non se ve moito, pois como ben di Colmenero, máis parece un montón de pedras e terra esmorecidos que un túmulo, a pesar do cal aínda se vislumbra perfectamente a súa estrutura. Ten tres laxas medio enterradas polo paso do tempo que aínda se ven sen esforzo, e un esteo clarísimo que sobresae, aínda en pé, do montón de terra e pedras. Boa parte destas pedras formaban parte, sen dúbida, da coiraza petrea, pero polo que se ve non lle serviu de moito contra a erosión e, sobre todo, contra a acción dos espoliadores.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O nome de Chairas é bastante habitual para unha mámoa: chao das minas, chaira das pozas…, repítese o termo alá onde hai mámoas, posto que a situación destas, para que fose ben visible, era en chairas altas, ou penichairas, e sempre en lugares onde se verían perfectamente para facer a súa función de balizas do territorio. Hoxe, debido ao paso do tempo, pode que non sexan tan visibles como se pretendía na súa formación, pero calquera que teña estado nalgunha decatarase de que a visión dende elas sempre é amplo e cun horizonte ben afastado, o que tamén indica que, cecais, servisen non só de balizas, senón de cotas avanzadas dende onde poder vixiar o territorio sen que molestase á vista o monte baixo.


Referencias bibliográficas:

Galicia Meridional Romana
Cultura megalítica en el Alto Búbal, Antonio Rodríguez Colmenero
No PXOM de Cualedro 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CUALEDRO/documents/27484CA017.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9412160069
Lonxitude: -7.60323289956
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84