Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Lucenza (Santa María)
Lugar: Lucenza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O que se pode ver aínda, se o monte non medrou moito dende 2016, son catro esteos ou ortostatos colocados equidistantemente dun hipotético centro que representaría a unha cámara poligonal, e polo que parece, con corredor de entrada. Dende lonxe aínda se pode apreciar o resalte do túmulo respecto do territorio circundante, e ademais, nun dos laterais pódese ver, dunha maneira pouco usual polo clara, a forma que tería unha sección da coiraza pétrea, inzada de seixos brancos e cantos de río.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este é un deses casos, non sempre habituais, nos que rastrexando o nome dun microtopónimo aparece o que identifica a ese nome. Unha anta, unha mámoa, é un nome dos moitos que reciben estes monumentos megalíticos, moito máis habitual noutros lugares de Galicia que por aquí.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9603158329
Lonxitude: -7.60215514782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84