Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monterrei / Verín (comarca)
Parroquia: Infesta (San Vicenzo)
Lugar: Guimarei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Dolmen case tapado polo entullo das obras da construción da autovía A-52, e do cal practicamente só se ve o oco que da cámara megalítica. Antigamente, parte do túmulo aínda se conservaba na parte oriental do dolmen, pero co tránsito de maquinaria pesada e a terra amoreada impiden comprobar a súa feitura a día de hoxe. A parte dianteira, aínda se pode ver con dificultade, con dóus ortostatos facendo de pousadoiros da lousa que tapa o dolmen. Esta lousa é moi grande, máis ancha na parte esquerda que na dereita, pero considerablemente ancha e grosa. O fondo da cámara tamén está chea de terra e non se ve se hai máis esteos.

A día de hoxe semella que serve como acubicho a un teixugo, porque hai un burato no fondo que debe ter outra saída por detrás, ou varias máis, como é costume neste bichiño. Al altura orixinal da cámara era importante, de máis de metro e medio, e a laxa que a cubría, ao completo, debía medir uns dous metros de fondo e máis de metro e medio de ancha.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32050044
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Cultura megalítica en el Alto Búbal, Antonio Rodríguez Colmenero


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9797428836
Lonxitude: -7.529133223
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84