Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Carzoá (San Roque)
Lugar: Carzoá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Este dolmen queda nunha zona de relativamente fácil acceso, na chaira terminal de Carzoá en dirección a San Martiño. Vense unha serie de laxas de granito claramente traballadas e dispostas en semicírculo, cun diámetro duns dous metros,aproximadamente. Teñen todas a mesma altura, uns 70 cm., aínda que se ve que moitas foron removidas ou intentaron removelas. En dirección cara o solpor ábrese o que parece un corredor megalítico, feito con laxas máis pequenas que as que conforman a parte de atrás do dolmen, formando un conxunto dende as laxas grandes ata que desaparecen as pequenas duns cinco metros. Está situado nunha ladeira moi suave, pero moi atacada de escorrentías, polo que calquera mostra dun túmulo non será doado de ver. Ademais, o monte por aquí é espeso e pouco se pode ver se non se desbroza todo o entorno primeiro. O que si se ve son multitude de seixos brancos ao redor do dolmen que probablemente serían parte dese túmulo desaparecido ou disimulado.

O nome das Lagoas, ou zona de brañas, é moi típico para atopar este tipo de monumentos, pois marcan o lugar por onde si se pode ir sen meterse na parte máis fonda destes humedais. De feito, uns cen metros máis adiante, hai un regato e un pontillón polo que antes seguía o camiño tradicional entre San Martiño e Carzoá, hoxe abandonado por causa da nova estrada. Máis ao norte, entre Carzoá e Montes, tamén hai unha mámoa, O Caldeirón, pero está no medio da selva e é imposible ver nada…


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9529146552
Lonxitude: -7.5720890482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84