Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cualedro
Parroquia: Baldriz (San Bartolomeu)
Lugar: As Mercedes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa que aínda non está catalogada e que semella que está incólume ante o tempo e a historia. Non ten cráter de espoliación, apréciase moi ben a coiraza pétrea. Ten case metro e medio de alto e uns dez metros de diámetro, aínda que as medidas son complicadas de tomar, posto que o monte aquí nace con forza e impide moverse con facilidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O máis interesante desta mámoa é quizás o nome da aldea cara onde pasa o camiño que bordea o munumento funerario, O Santo, e que probablemente deriva, ao contrario do que podería parecer, do nome xenérico de Anta. É máis que posible que nestas penichairas que levan cara a Alberguería haxa moitas máis mámoas, pero están tan abandonados os montes que é imposible botar unha vista sen meterse dentro da floresta, e dentro non hai visión máis alá de dous metros, co que é case imposible saber onde pode haber máis. Todo o camiño entre Baldriz e a Alberguería é case obrigado para pasar destes altos ata as serras do norte, polo tanto, potencialmente son lugares idóneos para atopar este tipo de enterramentos.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0728595167
Lonxitude: -7.54090613491
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84