Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monterrei
Parroquia: Flariz (San Pedro)
Lugar: Sandín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Esta mámoa púidose ver por primeira vez en moito tempo despois dun incendio enorme que houbo no 2005. Hoxe, desgraciadamente, non se pode ver porque a cobre un xestal enorme, moito máis alto que a mámoa, e que impide que se lle poidan sacar unhas fotos decentes. Esta foto que aporto non é miña, é un escaneo dunha foto en papel dun veciño e, como se ve, non está moi clara. Aínda así, vese perfectamente a coiraza pétrea, bastante ben conservada, e un esteo sobresaínte no alto de todo do monumento. Ten cráter de expoliación. Pero o máis interesante é que no perímetro se poden ver unha serie de laxiñas que rodean o perímetro do túmulo e que conforman aínda hoxe un círculo moi ben feito.

Esta mámoa tamén queda fóra dos roteiros máis grandes e obvios, pero xustifica un roteiro secundario que comezaría na serra de Videferre e Bousés, pasaría o río polos vaos da Anduriña, subiría por Medeiros e, dende aquí, polas lamas da Vrea cara Sandín, onde xa dixemos que se destruíran varias mámoas polas labouras agrícolas, Monte do Grilo, o Dolmen das Lagoas, a Mámoa do Caldeirón en Carzóa e dende aquí empataría no paso de As Estivadas co roteiro máis grande xa comentado.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.946090251
Lonxitude: -7.57007977801
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84