Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Monterrei
Parroquia: Flariz (San Pedro)
Lugar: A Caridade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

O primeiro que chama a atención desta mámoa é o esteo que aínda sobresae do túmulo, que denota a terrible erosión que sofreu, e que explicaría a falta do resto dos esteos; nótase, igualmente que estivo espoliada (a día de hoxe, simplemente, está destrozada). Mide aínda hoxe arredor duns dez metros de diámetro, e aínda son visibles unha boa parte dos coios que serviron para a súa coiraza, e posiblemente ten unha circunferencia que aínda se sospeita, reforzada por unha liña de pedras que a circunda. O esteo sobresae 60 cm. dende o chan, e coa altura do que resta do túmulo, podemos achegarlle arredor de 1,2. de altura. Está situada ao final dunha chaira terminal que dá paso aos comezos do canón do Búbal.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Despois dos recurrentes incendios forestais que ano tras ano asolan a nosa comarca, aparecen restos arqueolóxicos dos que non tiñamos nin a máis mínima nova. Este é un deses casos. No outeiro dos Bacelos, ao oeste da aldea de A Caridade, e a carón do camiño tradicional desta aldea cara San Martiño (o camiño remata nun peto de ánimas…), apareceu este túmulo que levaba décadas cuberto de silveiros e xestas.


Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9471630073
Lonxitude: -7.5330424202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84