
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Entíns (Santa María)
Lugar: Entíns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa primitiva de Santa María fora a máis antigua de toda a comarca, como se pode deducir dos canzorros románicos, sobre os que apoiaba o seu tellado. Nos primeiros anos XVIII comezouse a facer outro edificio de maiores dimensións. Segundo Xoán Mariño:.. ”as obras foron dirixidas polo mestre Blas Batela, e rematadas no ano 1720 segundo unha inscrición visible na bóveda do cruceiro. Polo tanto a igrexa está feita en plena época barroca, pero salvo a decoración da fachada, o edificio ten como característica principal unha austeridade ornamental que nos dá unha sensación de gran solidez, pero tamén de pesadez”.
A planta é de cruz latina co testeiro recto e capela cadrada que fai as funcións de sancristía no lado norte do presbiterio. No muro occidental ábrese a porta principal e ten outra máis pequena no muro sur do brazo maior. Os muros son de cadeirado de granito completamente lisos, agás na portada. Esta aparece decoradas con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta, esta vai flanqueada por pilastras caixeadas que sosteñen unha moldura doble que fai as veces de entablamento, a cornixa sobresae máis notablemente e sobre ela descansa un frontón de liñas crebadas con pináculos, o do medio leva unha cruz. A igrexa vai cuberta con bóveda de canón, menos o cruceiro, que leva bóveda de aresta e o segundo tramo do brazo maior, así como o presbiterio, que levan bóveda de canón con lunetos, apoiadas todas sobre arcos faixóns reforzados que descansan sobre ménsulas, agás cos arcos do cruceiro, que o fan sobre pilastras caixeadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, VolumeII, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf
(páxina 1 de 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8441761158Lonxitude: -8.89718770981
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




