Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Arca
Lugar: Arcapedriña
Outra denominación do ben: Castro Perronio ou Castro do Rio
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro asenta sobre una pequena elevación do terreo. Ten forma alongada, con unha croa plana duns 120m no eixo N-S e unha anchura de uns 60m. Na parte leste e sur o terreo ben delimitado por una curva do rio Umia, proporcionándolle grande protección por esas bandas, xa que ten uns terraplens exteriores de moita altura e pendente. Ao norte e oeste os terrapléns alcanzan menor altura e presenta un foso ben visible, que aumenta as defensas. A entrada orixinal podería atoparse neste lado oeste.Toda a croa está perfectamente delimitada por un parapeto de terra, pero no que nalgunhas zonas quedan ao descuberto gran cantidade de pedras que poderían formar parte dunha muralla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36017007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O nome de Castro da Perita venlle supostamente, por ter pertencido os terreos a una perito da zona, e unha vez morto herdou o predio a sua dona, e dicir a “perita”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM de A Estrada
http://www.aestrada.gal/externas/pxom/catalogo/08.%20catalogo%20de%20bens/TOMO%20VII.Catalogo%20de%20bens%20e%20elementos%20a%20protexer.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6141551044Lonxitude: -8.4949466784
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84