Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Pidre
Outra denominación do ben: Cruceiro do Xardín // Cruceiro de A Balea
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas da paso a un varal que comeza en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas. Na súa metade podemos ver dúas imaxes.
O capitel, de estilo xónico con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coroada por dous anxos e apoiada sobre unha peaña no reverso.
Ao carón de Cristo crucificado podemos ver unha figura, que semella ser San Francisco de Asís, recollendo o sangue cun cáliz.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Antigamente o cruceiro posuía un retablo pétreo.
O retablo amosaba as imaxes de Cristo crucificado na parte central acompañado de San Francisco na parte esquerda e a Virxe na dereita. Por debaixo un conxunto de catro almiñas.
Na parte baixa do retablo existía unha inscrición: “ESTA OBRA LA HIZO … “.
O retablo desapareceu no ano 1996.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3603827.html
3º CRUCEIRO DE ÁNIMAS DA PONTE MALVAR
DENUNCIA NO SEPRONA POLA DESAPARICIÓN DO RETABLO DO CRUCEIRO DA RONS.
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4703587063Lonxitude: -8.64034524052
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 1, 2023
Fotografía do retablo desaparecido. (Fundación Barrié de la Maza).