
Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo, Pombal, Reitoral,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: A Reitoral
Outra denominación do ben: Reitoral de Corcoesto con pombal e cabazo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa reitoral de Corcoesto é un bo exemplo da arquitectura tradicional das casas reitorais modernas da comarca de Bergantiños. Conta cunha superficie construída de 436 metros cadrados, cun pombal e un cabazo, configurando todo iso un conxunto arquitectónico ao estilo das moitas casas reitorais que posteriormente, durante o século XIX construíronse en Galicia. Conta cunha superficie anexa de terreo de 6.626 metros cadrados para labradío.
O cabazo da reitoral de Corcoesto ten a “casadeira” ou celeiro pechado.
As paredes da cámara están construídas con pedras de cantería con ocos e buracos para a ventilación interior, e cubertas con tellado a dúas augas.
Chama a atención que a diferenza do resto dos hórreos galegos non conte con ningún pináculo ou cruz nos alicerces, pese a ser un inmoble vencellado á igrexa. Contaba nos seus mellores tempos con unha excelente horta chea de árbores froiteiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A primeira referencia á actual casa reitoral da parroquia de Corcoesto atópase no Libro de eclesiásticos do expediente do Catastro da Ensenada da parroquia de Corcoesto do ano 1753. Nela faise referencia á fábrica da casa parroquial sendo crego D. Andrés Montero Fernández.
Con anterioridade, a casa reitoral estaba no lugar de Montefurado, da que tan só coñecemos que era de planta alta e non existindo constancia da súa ubicación concreta.
Posteriormente a principios do século XX a casa foi obxecto de ampliación. A prensa histórica fai referencia ás difíciles situacións polas que pasou este edificio ao longo do tempo. Así o 12 de xullo de 1902 o Diario O Noroeste recolle que a casa foi obxecto dun atentado con explosivos (mecha, pistones e dinamita), sendo párroco Manuel Rodríguez Romero.
A Correspondencia Galega: diario de Pontevedra, ou 10 de decembro de 1901, recollía na sección de noticias de Galicia, da Coruña:
“Noites pasadas foi colocado un cartucho de dinamita no portal da casa do cura párroco de Corcoesto D. Manuel Rodríguez. A explosión do cartucho causou grandes danos na vivenda e o natural sobresalto aos inquilinos. Como presuntos autores do feito foron detidos pola Garda Civil os veciños de Corcoesto Pedro Porteira e Manuel Carracedo, e entregados ao Xulgado do Partido”.
Posteriormente no ano 1922 volvería ser obxecto doutro atentado anarquista. Así o diario O Compostelán: diario independente, ou 11 de xaneiro de 1922 recollía na columna de detencións información relativa ás pedreas das que fóra obxecto a casa reitoral de Corcoesto.
“Detencións: Como presuntas autoras de pedreas contra a casa do párroco de Corcoesto (Cabana), don José Martínez Rubiño, detivo a Garda civil, poñéndoas a disposición do Xuíz daquel distrito, a Josefa e Dores Martínez Calvo e a Concepción Calvo Amoedo”.
Nos anos 60 habilitouse na pranta baixa un local como teleclub social para as actividades sociais da parroquia.
A casa reitoral está abandonada desde o ano 1979, data do pasamento do último crego que a habitaba. Desde entón o seu abandono e deterioración foi progresivo no tempo.
Referencias bibliográficas:
Historia de Corcoesto nº 2. Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo.
Plan Urbanístico municipal. Concello de Cabana de Bergantiños.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2255361244Lonxitude: -8.83935961157
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84