
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Nogueira de Ramuín (San Martiño)
Lugar: Luintra. (A Espiñeira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Petróglifo que presenta 2 combinacións circulares con cazoleta central. A máis pequena ten 2 circos concéntricos e está moi desgastada, a medio metro e no centro do penedo está a máis grande cun diámetro duns 35 cm. e que está formada por 4 aneis e un suco radial que forma unha L. Esta atópase en moi bo estado de conservación e ca iluminación adecuada a visualización é perfecta. Uns metros en dirección noreste atopamos outra rocha a ras de chan con circos concéntricos e un símbolo que lembra a unha arma, este gravado atópase moi danado probablemente polo emprego de maquinaria na limpeza da finca (ver imaxe nos comentarios). Posteriormente se atoparon 2 combinacións circulares máis a uns 10 metros ao noreste do panel inicial (ver Petróglifos da Espiñeira II).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4081544011Lonxitude: -7.73132823601
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Feb 21, 2020
Referencia web sobre este petróglifo:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
Adrián Luíntra says:
Xuñ 12, 2020
Gravado situado a uns metros do panel principal, formado por unha combinación circular con cazoleta central.
Begoña says:
Xul 21, 2020
Magníficas fotografías, muchísimas gracias por compartir