Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Covelo
Parroquia: Paraños (Santa María)
Lugar: Cotarel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado situado enriba dun pequeno muro de peche.
Nace sobre unha pedra a xeito de mesa.
A fornela, enmarcada e cunha cruz en relevo na parte superior, está protexida cun enreixado metálico e un vidro. Presenta no seu interior un retablo de madeira policromada no que aparecen as imaxes de Cristo, Santo Antón e a Virxe María con catro ánimas entre as lapas do Purgatorio. No interior tamén vemos o caixón para as esmolas.
O conxunto remata cunha cruz feita en cemento no cume e unhas protuberancias aos laterais que semellan pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II). Asociacion galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). 2010.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2035139917
Lonxitude: -8.39126655378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84