Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Andeiro (San Martiño)
Lugar: Andeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular con ábsida tamén rectangular un pouco máis estreita ca nave. Os muros son de carga; cachotería de pedra, con pezas regulares de cantería utilizadas para defini-las esquinas. Os muros están revestidos e pintados de branco agás o recercado de ocos, esquinais e a fachada que é de cantería á vista. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país.
No interior, un arco triunfal, semicircular, delimita os espazos interiores da nave e o presbiterio.
A fachada de boa cantería e cunha traza sinxela, ten forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso enriba da clave, unha placa coa data “1794” e mais arriba outra placa co nome da parroquia. Xusto debaixo da base da espadana vai un pequeno oco rectangular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada, como xa comentabamos, unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos rematados en bóla. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares moldurados que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo coroado cunha cruz de pedra e flanqueado por dous pináculos moldurados rematados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091CA003.PDF (Páx.12).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2611848541
Lonxitude: -8.33618602019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84