Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ordes
Parroquia: Montaos (Santa Cruz)
Lugar: Santa Cruz de Montaos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave con ábsida tamén rectangular un pouco máis estreita ca nave. Os muros son de carga; cachotería de pedra, con pezas regulares de cantería utilizadas para defini-las esquinas. Os muros están revestidos e pintados de branco agás o recercado de ocos, esquinais e a fachada que é de cantería á vista. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país.
No interior, un arco triunfal, semicircular, delimita os espazos interiores da nave e o presbiterio.
A fachada de boa cantería e cunha traza sinxela, ten forma pentagonal e dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular adovelada e remarcada. Sobre o ingreso vai un pequeno van rectangular; tamén remarcado, que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto coroado cun pináculo con bola e cunha cruz de forxa, flanqueando o conxunto por dous pináculos moldurados rematados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cerdeda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo”. Volume XV. Deputación Provincial da Coruña, 2001.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ORDES/documents/0282CA002.PDF (Páx.24).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0370699272
Lonxitude: -8.42443495989
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84