Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Santo André de Cures
Lugar: Porto Traveso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

“O xacemento arqueolóxico de Porto Traveso atópase cruzado de leste a oeste polo curso dun pequeno regato denominado Rego da Pousada, cuxa desembocadura no río Barbanza se produce a escasos 100 m. de distancia. Foi obxecto de varias intervencións nos 2013, 2014 e 2015, definíndose dúas áreas moi concretas e diferenciadas cuxa divisoria é o referido regato. No flanco meridional foi exhumada unha cabana complexa, formada por un espazo cuadrangular de aproximadamente 4 m. de lado, anexado a un recinto semicircular (vestíbulo) cun radio aproximado de 2,5 m. Detectouse, así mesmo, un lousado que dá acceso ao vestíbulo da cabana polo extremo oriental; unha vez dentro do vestíbulo, existe un paramento que divide os dous espazos –cuadrangular e semicircular– interrompido nun extremo para facilitar o acceso ao sector cuadrangular, que tamén se atopaba parcialmente lousado (metade oriental). En relación con este lousado interior e co nivel de uso da cabana foron recuperados un conxunto de carbóns (posible área de combustión) que permitiron obter unha datación radiométrica.”

Ocupacións domésticas na Serra do Barbanza: Resultados preliminares
Víctor José Barbeito Pose Centro Arqueolóxico do Barbanza
Ramón Fábregas Valcarce Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Rodríguez Rellán Universidade de Santiago de Compostela
Ramón Blanco Chao Universidade de Santiago de Compostela
Manuela Costas Casais Universidade de Santiago de Compostela
María Martín Seijo Universidade de Santiago de Compostela
Alexandre Paz Camaño
Alfonso Fariña Costa
Lino Gorgoso López


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ocupacións domésticas na Serra do Barbanza: Resultados preliminares


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6940649376
Lonxitude: -8.94353870573
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84