Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Mezquita
Parroquia: Vilavella (Santa María da Cabeza)
Lugar: Vilavella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación feita en perpiaño granítico e cachotería irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. A igrexa presenta pináculos de bola nos esquinais.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso con arco rebaixado dovelado. Aos lados existen dúas xanelas cadradas hoxe tapiadas. Máis arriba unha fiestra xanela con derrame interno.
O conxunto remata cunha fermosa espadana dun so oco e profusamente decorada con columnas exentas dóricas sobre peaña, placas, e motivos vexetais colgantes que penden de volutas laterais.
Na fachada principal, e baixo a espadana, existe unha lenda na que aparece o ano da súa feitura: “1759”. O conxunto é obra do mestre Simón de Monasterio nado na zona de Santillana del Mar (Cantabria).
Fai anos que esta igrexa perdeu o seu culto. O seu interior está nun estado deplorable.
No frente podemos ver o cruceiro do Santo Cristo (http://patrimoniogalego.net/index.php/102973/2019/07/cruceiro-da-igrexa-do-santo-cristo-da-vilavella/)
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
No seu interior se gardaban unhas tallas de Santo Antonio e San Xosé, e tamén un Cristo crucificado da mesma época. Posuía tamén uns retablos laterais de época posterior do Sagrado Corazón e Santa Bárbara.
Todo este conxunto se levou para a igrexa parroquial de Santa María da Cabeza da Vilavella (http://patrimoniogalego.net/index.php/102959/2019/07/igrexa-de-santa-maria-da-cabeza-da-vilavella/)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.amezquita.es/index.php/es/ocamino-2
https://amezquita.gal/patrimonio/gal-capelavilavella.html
https://www.verpueblos.com/galicia/orense/a+vilavella/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0359621983Lonxitude: -7.01393935114
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84