
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar: Tal de Abaixo
Outra denominación do ben: Petróglifo Agro do Castro
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Na descrición deste petróglifo que vemos no catálogo do PXOM do concello de Muros, do ano 2010, e que remite á ficha do Inventario da Dirección Xeral de Patrimonio podemos ler : “…as insculturas atópanse nunha lousa granítica de 1.70 m. (N-S) por 1.60 (N-W), se ben, debe ser máis grande xa que está cuberta pola vexetación. Aparecen cinco cruces, dous ou tres signos indeterminados (un deles semella un “D” e unha posible coviña ). O suco atópase moi erosinado e cuberto pola vexetación”.
Visitado o lugar (data de xullo 2019) podemos observar a simple vista, dúas cruces e cinco coviñas gravadas na rocha que está a ras de chan e situada na marxe dereita da pista que vai cara o castro de Santa Catalina e muíño de vento do Caxuco. Tres coviñas están aliñadas e ao lado dun cruciforme. Segundo un veciño, a poucos metros deste, había unha rocha con gravuras que fora extraída do lugar e que semellaba, segundo el, a representación de “ un paraguas sen mango pousado no chan e cun buratiños debuxados” , o que nos fai pensar na existencia de gravados con motivos circulares e coviñas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo PXOM 2010 Muros
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA002.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7870232502Lonxitude: -9.01068093672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84