Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Gudiña
Parroquia: O Canizo (Santa María)
Lugar: O Canizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de mediado do século XVIII feita a base de perpiaño granítico na fachada principal e cachotería no resto, con planta de cruz latina, tres naves e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
Na súa fachada principal destaca a porta de aceso con pilastras laterais, porta de aceso dovelada e un dobre arquitrabado que remata con pináculos de bola. No cume unha pequena espadana dun so oco con pináculos de bola e cruz pétrea de remate.
Nun dos laterais vemos unha torre campanario de tres corpos.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior existe un retablo de época barroca de autor descoñecido na que aparecen varias imaxes atribuidas ao escultor Ferreiro, que a súa vez e autor, entre outras moitas máis obras, do Cristo de Santa Efixenia do centro de Ourense.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AGUDINA/documents/0444CA002.PDF (Páxina 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0505988584
Lonxitude: -7.10245780745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84