
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Acuña
Outra denominación do ben: Monte da Croa
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castro do concello de Vilaboa cunha cota máxima de 89 m. s. n. m. O PXOM do concello presenta a seguinte descrición:
“Segundo Lomba Portela e García-Lastra Merino (1988), castro de grandes proporcións cun único recinto de forma redondeada que vai dun eixo maior de E a O e un menor de N a S. Este recinto presenta dúas zonas máis elevadas no E e O xunto con numerosos afloramentos graníticos que se extende dende o S ao N-NO. Estaría circundado por unha muralla irregular e de mala factura realizada con pedra de tamaño medio en dirección O-E que se fai visible no S.
A aba O cae a un aterrazamento para continuar a caída en desnivel ata a ría. Ao S-SE cae nunha zona aplanada que remata ao S nunha pequena elevación e cae en pendente á ría”.
Os traballos arqueolóxicos levados a cabo no castro deron cun hacha de tope sen aneis, exemplar único, anchura desmesurada e falta total de rebordes no talón”.
“Tamén apareceron unha poutada, cerámica romana, anacos de tégula e ánfora e cunchas”
Existe unha liña de alta tensión que cruza o castro polo medio.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36058017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Na croa din que hai un tesouro encantado polos mouros. Uns señores tiñana un libro en árabe e debían ler ó revés, de arriba cara abaixo e ás doce da noite, en cuarto menguante ou lúa chea, entón producíanse fenómenos no maxín (serpes). Un ía lendo e ó outro poñíanselle os pelos de punta e desapareceron. Volveron intentalo e no lograron nasa porque non superaron o medo”.
“Din que hai unha fortuna enterrada e que aquí vivían os mouros”.
“Ó pé do monte do Con din que estiveron os mouros, debaixo do “boliño” do Con había un barril de veleno e u tesouro. Tamén lle chaman “castro” á aba SE. que cae cara a ría”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://pxomvilaboa.com/ (PXOM de Vilaboa. Outubro 2018). Ficha X_017 – Páxina 696)
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
REBOREDO TAJES, Manuel. (2010). A cultura castrexa na bacía do Lérez – Almofrei. Gallaecia, Nº 29. (en liña: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3282762).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3445929949Lonxitude: -8.64199387443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




