Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina)
Lugar: Barciela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Penedo granítico que segundo o PXOM do concello presenta varias gravuras. O documento inicial presenta a seguinte descrición:
– Segundo Lomba Portela e García-Lastra Merino (1988) trátase dunha “mole granítica de proporciones medias que sobresale del nivel del suelo. Es de forma redondeada y superficie superior plana. Está situada al N de una finca cerrada de dos propietarios y marca el límite de la misma. En la parte superior tiene grabadas unas coviñas. Hacia el E, en un lateral, una cruz latina. En el lateral N, cuatro hendiduras a modo de peldaños.”
Na nosa vista ao lugar, (finais de setembro de 2019)atopámonos coa parte superior do batolito cuberta de terra e maleza, o cal nos imposibilitou ver as coviñas e a cruz.
A segunda foto desta ficha corresponde aos chanzos dos que fai referencia a descrición do PXOM.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36058021
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://pxomvilaboa.com/ PXOM de Vilaboa (Outubro 2018). Tomo V. Catálogo de Bens Culturais. Ficha X_021 – Páxina 700.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3263234776Lonxitude: -8.64203117232
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 2, 2019
No mesmo PXOM se fai referencia que neste mesmo lugar se atopaba a antiga igrexa de Santa Cristina. Existen referencias que falan de diferentes achádegos localizados nesta finca, como restos de cerámica medieval, sartegos e pías.
A fotografía é do muro de peche da finca, posiblemente con pedras desta antiga construción.
http://pxomvilaboa.com/ (PXOM de Vilaboa. Outubro 2018). Ficha X_020 – Páxina 699)