
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: Santiago de Covelo (Santiago)
Lugar: Santiago de Covelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro situado no interior do cemiterio que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadasporsúe a seguinte inscrición:
“RESTAURADO
EN EL AÑO 1997
SIENDO ALCALDE
D. JOSE COSTA DIAZ”.
O varal comeza en sección cadrada para continuar en octogonal. Na súa metade superior podemos ver a imaxe de Santo Antonio.
A continuación o capitel de estilo corintio na que aparece a imaxe da Virxe orante con restos da súa policromía. Nos outros tres lados do capitel existen imaxes de querubíns.
O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe coa serpe baixo os seus pés no reverso.
A datación exacta deste cruceiro é o ano 1824 tal e como podemos ler na inscrición que existe no antigo pedestal colocado como base da actual fonte:
“SE HIZO EL AÑO
1824 SIENDO A
BAD DE ESTA PAR
D. JOSE MANUEL NUÑEZ”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Maximino Fernández Sendín recolle a seguinte historia:
“este cruceiro estaba situado en la plaza pública y campo donde se hace la feira, y fue desmontado en el eño 1899 para instalar el nuevo que erigiera el maestro Cerviño. Desmontado de su antiguo emplazamiento fue instalado en el centro del antiguo cementerio. Un rayo parece ser el motivo de su caída, después pasó mucho tiempo en el exterior del cementerio. Con la ampliación del camposanto se decidió restaurarlo encargándole el trabajo a un taller de Poio”.
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360131401.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, A. “Cruces, cruceiros e petos do concello de Covelo (II). Asociacion galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE). 2010.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2321698092Lonxitude: -8.36509963144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Fernando says:
Nov 6, 2019
Interesante cruceiro e interesante historia