Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Rebordelos (San Salvador)
Lugar: Rebordelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificio de planta rectangular cun pequeno corpo apegado no muro sur que serve de sancristía. A nave cóbrese por medio dunha bóveda prismática de madeira, interrompida polo arco triunfal que da paso ó presbiterio. Este último presenta, á súa vez, unha estrutura de madeira con forma abovedada. O interior de San Salvador, tivo unha restauración a finais da década dos 90 do século pasado, presenta os muros recebados e encalados, con excepción dos esquinais, arco de medio punto que separa a nave do presbiterio e vans. A isto hai que engadirlle os forxados da tribuna e a cuberta, ambos realizados en madeira.
A fachada , en conxunto, é de trazado moi simple e gran sobriedade, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar a campá de 1928 elaborada en Arcos da Condesa. O segundo un frontón triangular cun oco en arco de medio punto flanqueado por dous pináculos con bóla e rematando o conxunto por unha bóla e unha cruz de pedra. Polo lateral do piar esquerdo da espadana ten un soporte de forxa da que pendura outra campá do ano 1888 feita en Orazo por Juan Liste Pereira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca017.PDF (Páx.5).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2876126978Lonxitude: -8.64455580711
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84