Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: O Ancoradoiro, Estrada Muros-Cee
Outra denominación do ben: Cruz de Manuel Lariño
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Na estrada Muros-Cee, pasado o lugar de Louro, ao lado dereito da estrada, atópase este cruceiro asentado sobre un penedo que fai de baseamento. O fuste octogonal é de escasa altura e ten gravado nun dos seus lados “MANUEL LARIÑO”. O capitel, que non ten ningún tipo de ornamentación, sostén unha pequena cruz. Trataríase dunha “cruz de afogado”, pois conmemora a morte do citado mariñeiro na praia de Louro.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7591073888
Lonxitude: -9.09563630819
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84