
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: San Miguel do Campo
Lugar: Gundiás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Nesta zona atopamos varias rochas moi próximas que conteñen gravados polo que se agrupan nesta soa ficha. No primeiro penedo que atopamos no camiño vemos un conxunto dunhas vinte cazoletas agrupadas en pequenos grupos e tamén espalladas pola parte superior da rocha. Na parte superior hai un rebaixe de forma cadrada situado sobre unha fenda da rocha que parece ter sido remarcada. Quizáis servía para soster algún poste ou cruz que sería cronolóxicamente moi posterior as cazoletas. Ademáis nun lateral podemos ver unhas marcas verticais na rocha a nivel do chan, similares as doutro penedo con gravados que se atopa a menos de 300 metros. Poderían ter que ver con antigos traballos de cantería ou tratarse de elementos relacionados coas cazoletas.
A uns 10 metros atopamos outro penedo destacado, neste caso ten un conxunto de cazoletas agrupadas en grupos de dúas e tres nunha das paredes verticais ata un total de 10. Ademáis hai un par de cazoletas e liñas na parte superior do penedo e unha marca de forma circular noutra parede da rocha.
Ademáis en fronte desta rocha e nuns penedos a nivel do chan atopamos dous buratos circulares duns 27 centímetros de diámetro e curiosamente a unha distancia entre eles de 270 cm. A poucos metros hai outro burato circular algo máis pequeno nunha rocha situada no chan, da que ignoro a súa función.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3750628839Lonxitude: -7.7792682274
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 21, 2020
Referencia web sobre este petróglifo:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres