
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outes
Parroquia: Tarás (San Xián)
Lugar: Tarás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A plataforma do cruceiro ten dous chanzos, despois dunha reforma no entorno para mellorar o seu estado, podemos ver claramente a súa forma orixinal. No libro do Patrimonio Histórico-Artístico de Outes de Xoán Mariño, describíase a plataforma con un só basamento e con unha inscrición de difícil lectura. Xepe Torres no seu breve estudio de cruceiros de Outes, descríbe así a súa base: “Plataforma semienterrada polos camiños que pasa ao seu carón. Está formada por dúas gradas, a primeira, enterrada, é uns 50 cm. máis grande que a segunda; a segunda é de planta cadrada, mide 125 cm. de lado e ten un alto de 16cm. Pedestal cúbico de 64 cm. de lado e 27 de alto. Ten un bisel de aba superior e unha inscrición actualmente ilexible”.
Agora, coa reforma, lese o texto : ESTC (?) CIAO(?) CP RMº (Romero?) Y DOM(¿Domingo?) ASER ALBE(R)TE DE SACIDO I CLA(Clara) DE CANPOS 1976. O Varal ten base cadrada e a 4 cm. da base tórnase octogonal. Mide 2.05 m. de altura e un colariño separa este do capitel. No capitel atopamos unha cruz de San Andrés (dúas tibias cruzadas), e nun corpo máis arriba de forma rectangular, leva polo anverso unha caveira e nas restantes flores de sete pétalos. A cruz de base rectangular, leva por diante un Cristo completamente adherido a ela, de talla moi elemental. No reverso leva unha Piedade (a Virxe con Xesús do regazo) moi desproporcionada en canto ao tamaño das dúas figuras. O cristo nos brazos de súa nai parece un neno.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Torres Xepe, Mariño Xoán, Breve Estudio de Cruceiros e Esculturas de Ferreiro no Municipio e Outes Colexio Público Serra de Outes
Mariño Reino Xoán X., Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, VolumeII, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA026.pdf
(páxina 7 de 7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8314508312Lonxitude: -8.89156579971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
jmillares says:
Nov 27, 2012
San Xián de Tarás pertence ó Concello de Outes. Estes imperialistas noieses… 😉
elixiovieites says:
Nov 27, 2012
Xa está correxido. Mira que necendo eu de Seilán (aldea do lado) metín a zoca e puxen a Comarca “Noia” e trabuqueime poñendoa no espazo de concello. Pois nada repasei a ficha antes de editala e aínda así quedou mal . Moitas grazas por detectar o erro.