Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trasmiras
Parroquia: Escornabois (Santa María)
Lugar: Escornabois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa feita a base de perpiaño granítico, con planta en forma de cruz latina, e cuberta a dúas augas na nave, a tres na sancristía e na ábside e catro no cruceiro.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e enmarcada. Máis arriba un pequeno ocelo con derrame interno.
O conxunto remata cunha espadana de dous corpos; o inferior presenta dobre arco de medio punto , e o superior un so arco. Vemos tamén dous piáculos de ola nos extremos e unha cruz metálica no cume.

Segundo recolle a bibliografía consultada, “no presbiterio e sancristía destacan os vanos en forma de saeteira. En diferentes sillares do paramento hai unha serie de cruces gravadas cunha base triangular e distintas marcas de difícil comprensión”.

Ao carón da igrexa se atopa a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/103685/2020/01/reitoral-de-santa-maria-de-escornabois/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: 40045657
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca003.PDF (Ficha 206 – Páxina 7)
http://www.altalimia.org/pdf/070020.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0414047915
Lonxitude: -7.58758347889
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84