Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Carballiño
Parroquia: Señorín (San Roque)
Lugar: Señorín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificación relixiosa de inicios do século XIX feita en cantaría granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Presenta pináculos nos extremos.
A fachada principal presenta pilastras laterais. Vemos unha porta de aceso enmarcada cunha pequena voladura e pináculos na parte superior. Por riba dela unha xanela de sección rectangular e derrame interno. O conxunto remata cunha torre espadana de sección rectangular e dúas alturas que remata cunha cruz de pedra.
Ao redor da igrexa podemos ver tamén o cemiterio parroquial.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OCARBALLINO/documents/0429CA002.PDF (Páxina 12)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4220068004Lonxitude: -8.07680397898
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84