
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: San Cristovo de Armariz
Lugar: Ver de Fondo
Outra denominación do ben: Petróglifos de Ver de Fondo
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Estación formada por unha gran combinación circular cunha ducia de aneis e máis dun metro de diámetro que se conecta mediante liñas con outras combinacións circulares cun tamaño de ata 40 cm a máis grande. Tamén presenta cazoletas no centro das combinacións circulares e nalgúns aneis. No mesmo lugar atopamos dous penedos con cruciformes de época máis recente.
Posteriormente apareceron outros petróglifos nun penedo que estaba cuberto pola vexetación situado a menos de 10 metros dos anteriores. Aquí podemos observar un par de combinacións circulares, a maior mide 30 centímetros de diámetro e ten cazoleta central, a máis pequena está moi erosionada o que dificulta a súa visualización.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres
https://megaliticia.blogspot.com/2020/02/petroglifos-de-ver-de-fondo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3691596605Lonxitude: -7.73867108187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Adrián Luíntra says:
Dec 18, 2019
Tras unha revisión da contorna e a menos de 10 metros dos petróglifos localizados inicialmente atopei un penedo que estaba cuberto pola vexetación e que presenta un par de combinacións circulares, a maior mide 30 centímetros de diámetro e ten cazoleta central, a máis pequena está moi erosionada. Estes gravados parecen inéditos, quizáis se se limpase a zona aparecerían máis.
Oscar Franco says:
Feb 21, 2020
Referencia web sobre este petróglifo:
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres