
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Lestón (San Martiño)
Lugar: Igrexario de Lestón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio de recente construción, feito no mesmo sitio onde estaba a antiga igrexa parroquial. Presenta planta de salón e cuberta a dúas augas con cubrición de tella plana. Os muros están revocados de cemento e pintados de branco, nunha ausencia total de decoración que lle confire unha imaxe fría.
A fachada principal, moi simple segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentagono, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. O segundo corpo, un frontón triangular curvo cun oco dun arco de medio punto, flanqueado por dous pináculos piramidais e coroado por outro pináculo semellante.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx.13).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2522016984Lonxitude: -8.5649964854533
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84