Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Laracha
Parroquia: Erboedo (Santa María)
Lugar: Igrexario de Erboedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa con planta de salón dunha soa nave e ábsida rectangular. Pegada á ábsida ten dous corpos máis apegados ó muro meridional e accédese á mesma por un arco triunfal de medio punto. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Os muros son de cantería revocados e pintados de branco agás o testeiro, a sancristía e a fachada. Ó pé da igrexa levántase un coro de madeira. Conta con dúas portas de acceso: unha na fachada principal e outra no muro setentrional. Pertencentes a unha época posterior á orixe do edificio son a sancristía e a espadana, podéndose acceder a esta última dende o interior mediante unha escaleira de madeira, que conduce a outra de pedra, xa no exterior.
A fachada principal de traza sinxela, está construída con cantería, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal enmarcada de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular tamén enmarcada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular cun pequeno arco de medio punto no medio, flanqueado por dous pináculos con bóla e coroa o conxunto un acroterio cunha cruz cuadrangular de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. VVolume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA002.PDF (Páx. 18).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.24738930098
Lonxitude: -8.5109334758662
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84