Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: Lestedo (Santiago)
Lugar: Lestedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa dunha soa nave e unha cabeceira pentagonal recta, con escasa ornamentación, espadana con tres vans de medio punto e dúas campás, tan sinxela como grande e que rompe as proporcións.
Xunto á porta, que non adoita estar aberta, o cal impide ao que transita ante ela entrar a contemplar a talla de san Antón Abad, datada no XVI, e a do Apóstolo con indumentaria de peregrino que preside o retablo, consérvase unha antiga pía bautismal.
Lestedo é unha parroquia de Palas de Rei cruzada polo Camiño Francés, que percorre un dos bosques autóctonos máis bonitos do itinerario. Á beira do Camiño, foi no seu día levantado un edificio que hoxe gozan do cualificativo de histórico. É a súa igrexa parroquial, posta baixo a advocación do Apóstolo Santiago, testemuño quizá do arraigamento da Orde de Santiago neste territorio, unha organización militar e relixiosa cuxo obxectivo inicial era protexer aos peregrinos.
O núcleo de Lestedo é mencionado en 1496 no itinerario de Von Harff,co nome de “ Sent Jacob de la Stego”. Era priorado santiaguista de San Marcos de León, e pertenceu ao Mosteiro de Vilar de Donas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://elcaminodesantiagodesdeasturias.blogspot.com/2013/12/iglesia-de-santiago-de-lestedo.html
http://xacopedia.com/Lestedo_1
La iglesia de Lestedo, un pequeño tesoro en la lucense Palas de Rei
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.873212202507Lonxitude: -7.8166490793228
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84