Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Trazo
Parroquia: Benza (San Pedro)
Lugar: Benza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Preto do templo de San Pedro de Benza, érguese este Cruceiro realizado en granito. Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular. A base cuadrangular termina con chafráns, e ten a inscrición “…1702…! O fuste é cadrado con chafráns, capitel troncopiramidal invertido con cabezas de anxos con ás e dúas imaxes de corpo enteiro, unha delas de San Antonio de Padua e outra sen recoñecer. Ten a cruz cuadrangular con figuras de Cristo e a Inmaculada, cun rechamante manto bordado con adornos de todo tipo moi acertadamente esculpidos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/28088ca004.PDF

CRUCEIRO DE BENZA


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.020606379852
Lonxitude: -8.5942781272545
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84