Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: San Cibrao dos Ferreiros
Lugar: Os Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
No medio dunha fermosa campía érguese solitario este edificio de estilo románico, e pequenas dimensións, da primeira metade do século XII, aínda que desta época só conserva a ábsida; o resto é resultado de diferentes reformas ao longo do tempo, aínda que se mantén o trazado da nave románica.
A planta é rectangular, cun presbiterio da mesma forma. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de lousa e granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A fronte é sinxela, con portada alintelada e cun campanil dun só van.
A ábsida é máis baixa e reducida que a nave. Conserva no exterior varios canzorros de sobria decoración, e unha ventá no testeiro con dúas arquivoltas, con columnas con capiteis moi estilizados.
No interior, o arco triunfal que a separa da nave é de medio punto con tendencia á ferradura, de clara influencia prerrománica, dobrado e de aresta viva, con columnas apegadas e capiteis de varias ordes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23765/igrexa-parroquial-de-san-cibrao-dos-ferreiros?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8
http://aulloaromanica.blogspot.com/2010/10/co-f-san-cibrao-dos-ferreiros-en.html
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/01/san-cibrao-dos-ferreiros-monterroso.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.734330338639Lonxitude: -7.8195538336833
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84