
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sada
Parroquia: Mondego (San Xián)
Lugar: Ameixeral
Outra denominación do ben: Cruceiro do Ameixeral
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado con inscricións ilexibles. Ten unha mesa acaroada ó que lle falta a pedra superior. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Nalgún momento o varal debeu romper e está pegado e reforzado con catro ferraxes. O capitel é cuadrangular con cuarto bocel. A súa cruz é cuadrangular e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Ten a cabeza ergueita cun nimbo crucífero sen coroa de espiñas e cunha cartela coas siglas INRI. Polo reverso non ten imaxe. O cruceiro é todo de granito cun mal estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca002.PDF (Páx-4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.359693155456Lonxitude: -8.2887338238127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84