Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trazo
Parroquia: Campo (San Xoán)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa de orixe románica (século XII) que aínda conserva moitos elementos da súa arquitectura primitiva.
A planta é rectangular, coa parte correspondente á capela maior máis estreita e de menor altura, e dúas estancias engadidas nun lateral que fan desaparecer a simetría inicial.
Como recordo da factura románica permanece gran parte da cabeceira co arco cego da fachada posterior flanqueado por columnas que xa aparece noutras igrexas da zona. O dito arco interrompe unha moldura que percorre a fachada e desemboca nos beirais dos muros laterais.
Tamén algúns canzorros orixinais que se manteñen ao longo do beirado do tellado, outros son réplicas en cemento.
No testeiro da nave e da ábsida sobresaen dúas fermosas cruces antefixas. A fachada principal, de gran sobriedade, utiliza o esquema compositivo tradicional con porta, van e espadana, neste caso de dous vans, situados nun mesmo eixo central.
Na entrada situada fronte a esta fachada principal, podemos ver incrustada no muro que pecha o atrio-cemiterio, unha pía de auga bendita e á beira contraria, unha pía bautismal. Ademais, todo o pavimento que comunica este acceso co templo, esta composto por antigos enterramentos.
No interior, tamén conserva da primitiva fábrica o arco triunfal que separa a nave do presbiterio, sostido por rústicas columnas con capiteis vexetais pegadas ao muro. Este elemento repítese en Santa María de Chaián y San Pedro de Benza, ambos templos tamén do século XII. Outro arco, de características similares ao xa citado, repítese no fondo desta capela maior. Trás do altar maior, sitúase o retablo con varias esculturas. Ollamos algún outro elemento interesante, como unha pía de auga bendita
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/28088ca001.PDF
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/02/san-xoan-do-campo-trazo.html
https://www.guiarepsol.com/es/fichas/localidad/trazo-santa-maria-7351/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.028615431275Lonxitude: -8.4926626387253
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84