
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Rois (Santa Mariña)
Lugar: Aldea do Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave cun pequeno engadido no muro norte que funciona como sancristía. Os seus muros son de carga, e aparecen revocados e pintados de branco, agás as pezas de cantería que aparecen recercando os ocos e esquinais. A cuberta da nave é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai un oco semicircular. Rompendo o vértice da fachada, unha base para espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos piramidais rematados cunha bóla. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto rematado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.305519226929Lonxitude: -8.2443978633057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84