
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Guísamo (Santa María)
Lugar: Adro da Igrexa de Guísamo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e un corpo cuadrangular con molduras e cunha billa que fai de fonte pra o cemiterio. Enriba desta, un pedestal cúbico rematado con mediacanas e na súa parte inferior esquerda a inscrición do autor: “Feal 1989”. Ten un varal cuadrangular con chafráns que soporta un capitel cuadrangular moldurado e ornamentado con óvolos e estrías. A súa cruz é rectangular cos brazos achafranados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre nubes e coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
– http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1500803.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.29875137588Lonxitude: -8.2703442529657
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84