
Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria, Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Outeiro (San Cosme)
Lugar: Serantes (Enseada da Bogalleira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Restos da rampla de botadura da carpintería dos Lanchos. Neste estaleiro construíronse maioritariamente embarcacións de tipo bote, canoa e sancosmeiro.
A fronte deste taller estaba Carlos Abeijón Romero, e traballaron tamén os seus fillos. Estes profesionais estaban moi ben considerados na comarca. Os restos do taller gozan de protección no PXOM de Outes coa identificación OC-14
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No libro de Santi Llovo de recompilación do traballo da carpintería de ribeira co título MAR DE OUTES, Berce dos carpinteros de Ribeira galegos, podemos ler sobre estes obradoiros: “Na época de navegación a vela non existían carpinteiros máis contrastados no sector, nin embarcacións de mellor “fasquía” e máis feiticeiras que as que se construían nos talleres de Roo, San Cosme ou o Freixo, “zona cero” da carpintería de Ribeira en Galicia”
Referencias bibliográficas:
LLOVO TABOADA,SANTIAGO. Mar de Outes: Berce dos carpinteiros de ribeira galegos. Meu book,S.L.2016
GARCÍA SUÁREZ, XOÁN F. A carpintería de ribeira e os estaleiros no concello de Outes Ed. Toxosoutos, 2008. ISBN 8496673693
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA032.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.799243432467Lonxitude: -8.9150458240177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84