Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Caritel (Santa María)
Lugar: Caritel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este peto de ánimas de tipo pechado, datado a mediados do século XIX, forma parte dun muro dunha propiedade privada.
Consta dunha fornela con arco de medio punto protexida por unha porta metálica con cristal, repisa na parte inferior e moldura na superior a xeito de cornixa.
No interior da fornela podemos ver un retablo de madeira policromada na que aparecen as imaxes da Virxe na parte superior, e un conxunto de 5 almiñas entre as lapas do Purgatorio (unha monxa, un frade, un cura, unha muller e un home barbado).
Na parte baixa do retablo podemos ler a seguinte lenda: “BENITO BOULLOSA”; tamén vemos a tampa do caixón das esmolas.
Pola parte superior do muro vemos unha cruz sen imaxes pero con coroa de espiñas no cruce dos brazos.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Aos lados do peto aparecen dúas caixiñas metálicas de recente factura para deixar as candeas acendidas.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.379506000945Lonxitude: -8.4637647623254
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84