
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso / Ulloa (comarca)
Parroquia: Viloíde (San Cristovo)
Lugar: Viloíde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de Viloíde é un deses humildes templos románicos, da segunda metade do século XII, do rural ulloán.
Presenta nave rectangular e ábsida na mesma disposición, pero máis reducido. Nunha reforma posterior, encostouse a sancristía e renovouse o armazón dos muros.
A porta primitiva da fachada áchase oculta ao exterior por un tímpano alintelado e liso que cae directamente sobre as xambas. A espadana, dun só van, impresiona polo seu sabor arcaizante e primitivo.
Chama a atención no piñón da ábsida a representación dunha cabeza humana e no da nave, un cordeiro sen cruz antefixa.
Nos muros da ábsida, consérvanse canzorros de diferentes formas sustentando a cornixa ornamentada.
Acaroada ao muro norte da ábsida, tamén vemos unha pía bautismal rústica.
No interior mantén o arco triunfal con dúas arquivoltas que asentan no muro e nunha columna por cada lado de fuste monolítico e capiteis de talos estilizados; restos dun retablo salomónico e escultura de San Roque do século XVI e un cáliz de prata liso, de finais do século XVIII.
Xunto á entrada frontal ao adro–cemiterio, ábrese un cabido exento no que destaca unha curiosa columna de granito.
Como curiosidade, sinalar, que no ano 1442 o abade de Oseira, Frei Juan de Sante, afora a Sueiro Ares entre outros bens a renda de San Cristóbal de Viloyde. Da torre de Viloíde non quedan vestixios arquitectónicos; como tampouco do cruceiro de granito sen efixie, que se di, había á beira da igrexa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019823
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
– http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
– NNSS Concello de Monterroso (Pax. 3 do PDF)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERROSO/documents/0619CA001.PDF
BIBLIOGRAFÍA:
– VALIÑA SAMPEDRO, Elías, RIELO CARBALLO, Nicanor: “Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Tomo VI: Seoane-Zoo”. Ministerio de Cultura Publicaciones. 1983.
– http://www.monterroso.es/es/las-huellas-del-romanico-en-el-municipio-de-monterroso
– http://aulloaenfotos.blogspot.com/2009/10/san-cristovo-de-viloide.html
– https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/03/san-cristovo-de-viloide-monterroso.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude:Lonxitude:
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84