
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Moruxo (San Vicenzo)
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma nin pedestal. O varal cuadrangular con chafráns, está enriba dunha mesa-altar. Ten un capitel cuadrangular que sostén unha cruz cuadrangular. Polo anverso desta cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e o seu pano de pureza vai anoado á dereita. Esta imaxe está rota. O reverso da cruz carece de imaxe. Cruceiro feito todo de formigón cun estado regular agás a figura de Cristo que está cunha moi mala conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.330741083989Lonxitude: -8.2262317077588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 21, 2020
Ficha deste cruceiro no catálogo web de cruceirosdegalicia.xyz:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150080501.html