
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Bazar (San mamede)
Lugar: Bazar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de salón, cunha soa nave, capela maior cadrada e unha sancristía apegada ó muro norte. O espazo interior cóbrese cunha bóveda de medio canón; un arco de medio punto que permite o acceso á ábsida.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular enmarcada por molduras con forma de orelleiras. Sobre o ingreso, unha fornela cuberta por unha bóveda de vieira e máis arriba unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro interior. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos piramidais con bóla. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto franqueado por dous pináculos semellantes ós anteriores. O conxunto está rematado por unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volume X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA002.PDF (Páx.7).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.067879643255Lonxitude: -8.7291362491251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84